Vivenda Colectiva Vivenda Protexida
VIVENDA COLECTIVA VIVENDA PROTEXIDA, é un resumo a través de 37 exemplos, históricos, presentes e futuros, de vivendas de promoción pública construídas en Galicia, presenta os planos xerais, plantas tipo piso e seccións a escala, superficies e porcentaxes de uso e ocupación, fotografías do interior e exterior, localización, detalles construtivos e relación dos arquitectos responsables do seu deseño.
Este libro é tamén unha breve aproximación ao esforzo e complexidade que supuxo e supón a creación de vivendas protexidas, un recoñecemento a quen, entendendo a vivenda como un ben de uso social, tentaron facilitar o seu acceso a toda a poboación, unha pausa para preguntarnos. como somos e que herdanzas recibimos; unha rápida reflexión sobre moitas das razóns que transformaron a nosa forma de vivir; unha chamada de atención sobre a necesidade de vivenda para as persoas con menos recursos, unha crítica aos erros que aínda non permitiron unha solución ao acceso á vivenda de todos; unha valoración da cidade construída, do territorio, e da súa relación coa vivenda, unha introdución ás transformacións da vivenda colectiva de uso social, unha valoración do agrupamento colectivo na residencia como mecanismo que mellor organiza o hábitat colectivo en relación coa cidade.
· 163 páxinas
· 245 x 220 mm
· Galego-inglés-castelán
· 6 elementos
· 37 vivendas colectivas, planos, detalles, fotografías aéreas e 164 fotografías en cor
· ISBN 978-84-934604-1-9
Arquivos PDF
Ver índice
Ver introdución
Ver páxinas 88-91